Premio Eixo Atlántico de narrativa. Simbolizando moi concretamente un espacio cultural común entre o Norte de Portugal e Galicia, creouse en 1997 o Premio Eixo Atlántico que na súa primeira edición obtivo o escritor portugués Francisco Duarte Mangas, galardoado anteriormente co premio Carlos de Oliveira pola súa novela Diário de Link. Situado en dous planos temporais, unidos polos lazos familiares dos protagonistas e mais pola mente do narrador, desenvólvese unha verdadeira epopea do norte de Portugal. Entre as resonancias da Guerra Civil española na raia seca ata o colonialismo do salazarismo tardío vense as persoas apreixadas por algo que, máis ca vida, parece unha caza sobre a base da violencia sen perdón.