Este libro agroma da infancia, o espazo mítico do que ninguén pode fuxir. Os poemas falan das predileccións da persoa, de todos eses días que un suceso aparentemente cotián converteu nunha xornada memorable. Falan, así mesmo, das cousas humildes, dos obxectos, lugares e costumes que determinan a nosa vida para sempre. Todo isto acontece no xardín do pasatempo, o lugar real e imaxinario que nos descobre as regalías do mundo.