O relato, aínda que enmarcado nun punto xeográfico concreto, o Miño, sobrepasa os lindeiros da realidade para acadar unha dimensión mítica, inzada de complexos simbolismos. Complexo resulta tamén o tratamento do tempo, onde o futuro cecais sexa só un pretexto para explicar o presente a través das selectivas secuencias do pasado, dende atalaias ben distintas, enlazadas pola procura, cecais imposible, da recuperación dos sinais de identidade individuais e colectivos