Manual para as persoas interesadas nun coñecemento iniciático sobre os viños do noso país. Os diferentes capítulos deste libro son unha novidade no panorama editorial desta temática, informando das vides e uvas, das Denominacións de Orixe, da historia da vide en Galicia e, o máis interesante, as propostas técnicas de como achegarse ao consumo do viño, cos fundamentos universalmente utilizados e recoñecidos. Inclúe un glosario e unha antoloxía sobre a relación do viño e a arte en Galicia.