Manuel Leiras Pulpeiro (Mondoñedo, 1854-1912), médico de fasquía republicana, galeguista e anticlerical, sinalouse como poeta da Mariña e de raizame popular. Excelente coñecedor da tradición literaria oral, en vida só publicou un libro de versos, Cantares gallegos (1911), abondo para converter en todo un clásico da historia da literatura galega a este cidadán exemplar e excelente poeta.