Unha novela desacougante na que Paulo Coelho viaxa ao fondo dos sentimentos humanos. Esta é a historia dunha unha rapaza dabondo normal, chamada Verónika, cunha vida como moitas da súa idade. Ten un traballo aceptable e un pequeno cuarto de seu, que lle garante un espazo propio, só para ela. Frecuenta pubs de moda, atopa rapaces atractivos e sae con algún deles. Pero
Verónika non se sente feliz. Algo falta na súa vida. E por iso un bo día a rapaza decide morrer. Verónika decide morrer é unha novela que trata sobre a paixón, a depresión, a loucura e tamén sobre as persoas que non encaixan nos modelos do que sociedade establece como normal e que intentan atopar un camiño distinto e persoal.