Xosé Manuel Pacho Blanco foi o gañador do Vº Premio de Teatro Radiofónico Diario Cultural da Radio Galega pola súa obra Paraísos acadando tanto o Premio do Xurado como o Premio da Audiencia. O xurado, formado por Ana Vallés, dramaturga e directora de teatro; Vanesa M. Sotelo, dramaturga e gañadora da IV edición do premio; Camilo Franco, xornalista e crítico de teatro; Ana Rosales, responsable de comunicación de AGADIC; e Ana Romaní e Anxo Quintela, directora e redactor do Diario Cultural da Radio Galega, acordou concederlle o premio á obra titulada Paraísos. O libro cedé coeditado por Xerais e a Radio Galega, ademais da obra gañadora, inclúe os textos e as gravacións das tres obras finalistas Como eliminar as manchas de vómito de Eva Freixeira Ferreira, Carne de canón de Rebeca Montero Martínez e Señora Carme de Manuel Román.