–Que bonito me quedou o debuxo! –dixo Osiño. –Ola, Galiña. Este debuxo é para a Avoa. –Podes levarllo? –Podo, si –dixo Galiña. A Avoa encantoulle o debuxo. –Este bico é para Osiño –dixo ela–. Podes darllo, Galiña? –Estarei encantada de facelo–dixo Galiña… “Un bico para Osiño” é un relato breve, humorístico, cheo de afecto e de amor. Afecto de Osiño cara a Avoa Osa, a quen obsequia cun debuxo e cun bico que vai transmitíndose dun animal a outro, entre os habitantes do bosque, ata chegar á súa destinataria final. Un bico itinerante e acumulativo, que ademais ramifícase nunha historia de amor paralela cun final que enche de felicidade a toda esta entrañable veciñanza faunística.