Tres capitáns de tempos idos é a única peza de teatro e a única obra pensada para o público infantil que deixou Antón Avilés de Taramancos. Escrita na primavera de 1983, coa finalidade de que fose representada polos escolares da Serra de Outes; foi representada en Noia, no mes de xuño do mesmo ano, no seo das primeiras Xornadas de teatro na escola, organizadas pola Asociación Cultural Catavento. A obra, que permaneceu inédita dende a súa estrea, públícase agora, e por vez primeira, dentro de Xerais Merlín. Organizada en tres lances, e concibida especificamente para ser representada por escolares, Tres capitáns de tempos idos constitúe unha apaixonante viaxe pola historia da literatura galega; aquí desfilan personaxes como os reis e os trobadores, ou o mesmo Francisco Añón. A presente edición, que inclúe a reproducción dos figurinos orixinais, debuxados polo propio Avilés, e complétase cunha biografía do autor e a historia do devir da peza, preparada pola profesora Pilar Sampedro, a primeira directora que puxo en escena a obra.