As pezas de Teatro de máscaras formaban parte do plan teatral que Castelao concibira durante os anos da República para impulsar un xénero que, a pesar dos esforzos anteriores, vivía nunha atonía sen folgos. O manuscrito permaneceu inédito ata 1975. Desde entón, estas pezas non deixaron de producir a admiración da ampla familia teatral galega, que elixiu varias delas para montar algúns dos seus espectáculos máis fermosos.