Terceiro volume dunha serie de Literatura Universal Contemporánea que fala do Simbolismo e Modernismo, entendendo por Modernismo a interpretación que deste movemento se realiza nas literaturas de lingua inglesa. Nesta unidade propóñense como actividades, a lectura e o comentario de numerosos textos breves e tamén se recomenda a lectura completa da novela Morte en Venecia, de Thomas Mann, e o seu contraste coa versión cinematográfica realizada por Luchino Visconti. De grande utilidade tanto para o profesorado e o alumnado como para calquera persoa interesada en ter unha completa visión do máis destacado do Simbolismo e Modernismo.