Sherlock Holmes é un dos personaxes máis populares e universais da historia da literatura. Co seu abrigo impermeable de dobre capa, gorra e pipa, sempre acompañado do seu fiel Watson, Sherlock Holmes marca a orixe do relato detectivesco moderno, paradigma de investigadores e simpática caricatura do método deductivo. As historias de Holmes parten dunha incógnita que mantén a intriga e a tensión narrativa a través da acción e a sorpresa, acompañadas sempre dun irónico e requintado humor británico.