Resultados de la búsqueda para: Tucho Calvo





LUZ DE ABRENTE (CALVO, TUCHO)
Tucho Calvo ofrécenos unha novela na que fai gala, unha vez máis, da súa destreza para argallar historias abraiantes e cheas de enigmas. Nesta nova entrega, un escritor e a súa dona incorpóranse á vida dunha aldea mariñeira que acaba exercendo sobre eles unha influencia esmagadora da que non se poden librar. Botando man dunha lingua literaria densa e plástica, Tucho Calvo presenta, con Luz de abrente, unha novela polifónica e polifacética na que se ensamblan varias narracións e na que se unen o fantástico e o real.