Resultados de la búsqueda para: Ramón Otero Pedrayo





TEATRO DE MÁSCARAS (OTERO PEDRAYO, RAMÓN)
As pezas de Teatro de máscaras formaban parte do plan teatral que Castelao concibira durante os anos da República para impulsar un xénero que, a pesar dos esforzos anteriores, vivía nunha atonía sen folgos. O manuscrito permaneceu inédito ata 1975. Desde entón, estas pezas non deixaron de producir a admiración da ampla familia teatral galega, que elixiu varias delas para montar algúns dos seus espectáculos máis fermosos.

FRA VERNERO (OTERO PEDRAYO, RAMÓN)
Este libro aparecido en 1934 provocou certo desconcerto. Por primeira vez Otero Pedrayo non falaba de Galicia nunha das súas novelas, senón que nos contaba a vida de Zacarías Werner (1768-1823) e nos introducía coa súa capacidade evocadora na Europa daquel tempo.

A ROMARÍA DE XELMÍREZ (OTERO PEDRAYO, RAMÓN)
A romaría de Xelmírez pertence á serie de novelas historicas que Otero publicou entre 1930 e 1935. O bispo Xelmírez viaxa a Roma no 1104. Ao longo do camiño, Otero desprega as súas grandes dotes de historiador e xeógrafo para ofrecernos unha intelixente e fermosa panóramica da cultura, a política e a relixión da Europa de entón. Adentrarse nas páxinas desta novela acaba sendo un reto que ha deixar ao lector gustosamente rendido ante a xenialidade dunha das mellores obras da literatura galega do século XX. A primeira edición apareceu en 1934 en Santiago, publicada pola Editorial Nós. A presente inclúe unha extensa introdución, un tratamento coidado do texto e abundantes notas co fin de facilitarlle ao lector o acceso ao fermoso mundo oteriano.

FRAGMENTOS DE ULISES. 1926 (JOYCE, JAMES / OTERO PEDRAYO, RAMÓN)
Con este libro recupérase un texto emblemático para as letras galegas. Vai acompañado dun estudo introdutorio da profesora Kery Ann McKevitt. Nel claréxanse definitivamente as fontes empregadas e as circunstancias nas que Otero Pedrayo realizou unha tradución que encarna a vocación de modernidade e animou o espírito dunha época, polo que merece a atención das novas xeracións. Publicada en 1926, esta tradución de fragmentos do Ulises non só foi a primeira que se realizou a calquera das linguas peninsulares, senón que representa a vontade de toda unha xeración literaria galega por vencellarse ao movemento anovador que naquelas datas se estaba a desenvolver na literatura do resto de Europa.