Resultados de la búsqueda para: Marcos Valcárcel





XOAQUÍN LORENZO (VALCÁRCEL LÓPEZ, MARCOS)
Xoaquín Lorenzo Fernández (Ourense, 1907–Lobeira, 1989), etnógrafo, arqueólogo, historiador, profesor, fotógrafo, debuxante, fundador do Museo do Pobo Galego, membro da Real Academia Galega, foi unha das figuras claves da xeración do Seminario de Estudos Galegos. Autor dun xigantesco esforzo pioneiro de síntese descritiva dos aspectos tecno-económicos da nosa cultura tradicional e da fala e literatura popular, recollidos en cento vinte e tres traballos monográficos e no seu amplo estudo sobre a Cultura Material editado no segundo volume da Historia de Galiza dirixida por Otero Pedrayo, a figura de Xoaquín Lorenzo é indispensable para entender o saber popular labrego e mariñeiro á piques de esmorecer diante das transformacións sociais producidas na segunda metade so século XX. Este libro, preparado polo profesor Marcos Valcárcel e dirixida ao público máis novo, presenta de forma breve, amena e con profusión de fotografías e documentos gráficos os principais acontecementos biográficos da figura homenaxeada no Día das Letras Galegas 2004. Un libro indispensable para que os mozos e mozas de hoxe coñezan a vida de Xoaquín Lorenzo, unha figura que tivo por oficio o soño de descubrir as raíces máis fondas de Galicia.

HISTORIA DE OURENSE (VALCÁRCEL, MARCOS)
Este libro de Marcos Valcárcel constitúe unha achega, breve pero rigorosa, á historia de Ourense. A crónica do percorrido vital dunha cidade cunha longa historia e un moi poderoso legado cultural. Unha viaxe posible dende o mundo romano até a actualidade esculcando nos xeitos de vida, nas ideas e nos sucesos que marcaron o devir urbano. O convite a descubrir xuntos, os lectores e tamén os alumnos de Secundaria e dos Institutos, as raíces da cidade que acobillou figuras tan relevantes da nosa historia como Curros Enríquez, Lamas Carvajal, Vicente Risco, Otero Pedrayo, Florentino Cuevillas, Eduardo Blanco Amor, Antón Tovar, Carlos Casares e Xosé Luís Méndez Ferrín.

GLACIARISMO E PERIGLACIARISMO EN GALICIA (+ 36 DIAPOSITIVAS) (PÉREZ ALBERTI, AUGUSTO / BLANCO CHAO, RAMÓN / COSTA CASAIS, MANUELA / VALCÁRCEL DÍAZ, MARCOS)
Nesta Unidade faise unha análise dos procesos glaciarios e os periglaciarios de Galicia. Inclúe unha actividade onde se pretende comprender a interrelación entre o fenómeno glaciario e periglaciario a partir da súa manifestación nas montañas de Galicia, ademais de acadar unha identificación dos procesos que teñen intervido no desenvolvemento dos dous fenómenos. Inclúe tamén unha descrición das diapositivas, un glosario e unha bibliografía.