Resultados de la búsqueda para: Manuel Rivas





O HEROE (RIVAS, MANUEL)
Arturo Piñeiro, alias Caronte, ex lexionario, ex boxeador coñecido como Robinson, atende a barra de La Boîte de Pandora, un bar portuario, onde se ofrece como atracción especial combates de boxeo e loita libre, que se abren e pechan cos fados que interpreta Lucía, a súa dona. Todo se axitará na penumbra do local coruñés coa presenza dos Homes de sombra e coa chegada agardada de Lanzarote, o loitador antifranquista e vendedor de máquinas de escribir que recita fermosos poemas de amor. Caronte arras-tra o culto á pena de Marte, a forza daqueles que gabeando a ras de chan tentan non perder o temón da súa vida, demostrando que a resistencia contra a morte e o tirano aparece nos lugares máis imprevistos, sendo protagonizada polos seres que viven nas abas da vida defendéndose coas verdades gardadas nos ósos das palabras. O heroe, a primeira peza teatral de Manuel Rivas, escrita con trazos de ironía e dureza, sitúanos nun presente recordado, entre un episodio histórico do franquismo e a contemporaneidade, para mergullarnos nunha subversión do concepto de heroe como culto ao guerreiro. Esa falsa idea do valor que paira de novo sobre o noso tempo.

O MÁIS ESTRAÑO . CONTOS REUNIDOS (RIVAS, MANUEL)
Dise no coro de Antígona que hai moitas cousas estrañas no universo, pero que o máis estraño é o ser humano. A boca da literatura naceu para expresar iso que é o máis estraño. Manuel Rivas reúne todos os seus relatos nesta obra, que é tamén unha psicoxeografía, unha zona de rescate da memoria fronte á amnesia, onde o desexo loita contra a morte e a imaxinación levanta o voo. Así, emerxe un mundo que parecería estar á espreita da súa invención. En O máis estraño aparecen relatos xa célebres como «A barra de pan» ou «A lingua das bolboretas», contos extraordinarios por descubrir como «A chegada de Ingrid», e inéditos sorprendentes como «A sombra do soño». Os medos, as paixóns, a emigración, a guerra, os naufraxios, a relixión, a culpa, a depredación da natureza, a arte e a vida, o humor insurxente, o poder e as súas máscaras, a incomunicación, as fronteiras, a resistencia das voces baixas, o andar vagabundo do ser e as palabras á procura dunha segunda existencia... O máis estraño pescuda no enigma humano, cunha linguaxe incandescente e indócil.

OS COMEDORES DE PATACAS (RIVAS, MANUEL)
O protagonista de Os comedores de patacas é Sam, un adolescente enganchado na droga que habita nos lindes da delincuencia. A vida de Sam, retratada desde o profundo lirismo e a poesía íntima que emana da narrativa de Manuel Rivas, móvese a cabalo entre dous espacios, entre dúas culturas, a urbana e a rural, que se xuntan no sincretismo que preside a cotianidade deste adolescente galego. O paro, o walkman, o teléfono, o rap, os colegas, o contacto co sexo, o ruído dos tractores, o poder da amizade, as ensoñacións do protagonista, un accidente de coche, a incomunicación, ese Algo que Sam se mete, o reencontro coa aldea, a avoa... constitúen os referentes vitais dun protagonista tenro e entrañable, que camiña pola vida empuxado polo optimismo. O Manuel Rivas de Os comedores de patacas é un escritor limpo, que tece a súa narrativa desde a sinxeleza, o humor e unha inesgotable capacidade para contar con axilidade, con ritmo e con precisión.

UNHA ESPÍA NO REINO DE GALICIA (RIVAS, MANUEL)
Tras " Galicia. Galicia " , Manuel Rivas ofrece neste libro unha nova xeografía galega que consta de catro lugares comunicados por camiños no tempo e no espazo: " Galicia contada a un extraterrestre " , amplo informe dirixido a un alien, chamado Golf Oscar Delta, sobre os hemisferios da Galicia de hoxe; " A espía (Iª volta) " e " A espía (IIª volta) " , informes das pesquisas dunha espía enviada a investigar os segredos do país dos galegos; e " O blog de rumbar " , anotacións nun caderno electrónico sobre o tempo presente. Un xornalismo que propón a rebelión do humor. Unha obra salgada na ironía e cun chisco de saudade que aposta pola rebelión contra o " estado de excepción mental " , o dominio do partido conformista e o imperio do absurdo e o baleiro. Un libro que concibe Galicia como célula nai, como matria, como almeiro, como lugar de encontro continental e transatlántico.

ELA, MALDITA ALMA (RIVAS, MANUEL)
A mirada de Rivas sobre a vida, o mundo e os seres humanos segue a distinguirse por esa distancia compasiva e benhumorada, comprensiva e solidaria que, porén, non elude nunca a realidade do mal. Ese mal que xamais triunfa por completo porque sempre haberá un paxaro que cante, unha bolboreta que voe ou un neno que diga a palabra inocente e redentora... En Ela, maldita alma está o mellor Manuel Rivas.

EPISODIOS GALEGOS . TEMPOS DE ESPERPENTO (RIVAS, MANUEL)
En Episodios galegos, o novo libro de xornalismo literario de Manuel Rivas, irrompe Gustave Flaubert con poderosa metáfora: «Sempre intentei vivir nunha torre de marfil, mais unha marea de merda non deixa de golpear os muros, e ameaza con tirala abaixo.» Na ollada tópica sobre Galicia, esa torre de marfil sería unha escaleira na que os protagonistas permanecerían suspensos na dúbida ontolóxica de ser ou non ser. Até que todo se abanea pola súbita marea dun novo esperpento. Chanzo a chanzo, cun punzante humorismo, Manuel Rivas constrúe o relato da Neogalicia neoconservadora, dominada por un neocaciquismo posh, e onde a idea motriz de «facer país» foi substituída por un «proceso de deconstrución nacional». Rivas critica unha «política de motoserra» que demouca os propios recursos, comezando pola lingua e a diversidade cultural. En Episodios galegos, a boca do xornalismo e da literatura fúndense nunha colleita que intenta, ao xeito requirido por Walter Benjamin, abastecerse da memoria «cando esta refulxe nun momento de perigo».

EL SECRETO DE LA TIERRA (RIVAS, MANUEL)
Este libro reúne dos obras de Manuel Rivas: Un millón de vacas y Los comedores de patatas. «Como las mariposas de la noche, uno quema las alas mil y una veces contra una luz inaccesible. La forma que adquiere lo escrito responde a la intensidad y duración de esa luz. O dicho de otra forma, hay distintas respuestas según el grado de aproximación a lo que aquí llamamos secreto de la tierra, ese paisaje mental que se funde con la zona de misterio de la condición humana.»Manuel Rivas

A SOMBRA DAS ACACIAS (BLANCO RIVAS, MANUEL)
O autor ofrécenos unha presada de relatos vitalistas, adobiados cunhas pingas de escepticismo; algúns de corte clásico, outros un chisco máis atrevidos. Pero todos escritos sen concesións a unha literatura compracente. Son relatos herdeiros dunha literatura social que, á marxe de cuestións estéticas, coloca o individuo como protagonista da época anónima que é a loita pola supervivencia. En definitiva, literatura de compromiso ético co ser humano, cada vez máis desamparado fronte aos intereses de poderes planetarios que tentan rexer e condicionar o seu desenvolvemento en todos os eidos