Resultados de la búsqueda para: Manuel Lourenzo





AS PAISAXES COMPARTIDAS (LOURENZO, MANUEL)
1º Prémio Carvalho Calero (1994) na modalidade de Narración Curta, onde visualizamos nove paisaxes que teñen en común Galicia, os galegos, así como un pasado reinventado por el mesmo. Nove historias que, narradas nun ton supostamente épico, rematarán sendo máis ben líricas.

CONTRA O VENTO. 30 ANOS DO PREMIO MANUEL GARCÍA BARROS (LOURENZO, MANUEL;ALVAREZ CACCAMO, ALFONSO PORTAS, MANUEL;SUMAI, ANXOS;LOPO, ANTÓN CABALEIRO, ANA;SANDE, MIGUEL;MONTEAGUDO, XOSÉ;…)
Volume de dezaseis relatos que homenaxea o trinta aniversario do Premio Manuel García Barros de Novela, un dos galardóns máis lonxevos do panorama literaria galego que foi decisivo na traxectoria de moitas das autoras e autores incluídos neste libro. Porque Contra o vento celebra sobre todo tres décadas de escritoras e escritores que marcaron e marcan o camiño a seguir na narrativa galega dos últimos tempos. En definitiva, dezaseis relatos que camiñan decididos cara adiante, trazando liñas mestras polas que avanzamos e, quen sabe, se cadra volver reunirnos dentro doutros trinta anos.

TANIS I O MOCOS (LOURENZO GONZÁLEZ, MANUEL)
O día que o príncipe Estanislao, herdeiro á coroa do extenso e poderoso reino de Sofrovia, cumpriu dezaoito anos, armouse un grande rebumbio no pazo. A causa era unha simple cuestión de etiqueta no relativo ao seu vestiario. O principe pasara a mañá alporizado, abrindo as portas de tódalas dependencias, berrando: ¿Onde está o meu frac? Os mordomos reais, apesarados, tiveron que atender ás ordes de Tanis, o novo rei de Sofrovia, e entregáronlle o que pedía: un frac vello, todo esfiañado, con rotos por diante e por detrás, algún remendo e unha colección de imperdíbeis picados polas lapelas, os petos e a cola.

EL DÍA DESPUÉS DEL DÍA (LOURENZO, MANUEL)
Maite y Sindo están intrigados con la llegada al barrio de unos nuevos vecinos, los Estévez. Junto con Lionel, el hijo de la familia, comenzarán la aventura más apasionante de sus vidas. ¿Qué peripecias afrontarán los tres amigos? Una entretenida historia que refleja la importancia de la amistad en la superación de las dificultades.

NUNCA PARAÍSO . TEATRO BREVE (1973-2015) (LOURENZO, MANUEL)
Este volume reúne trinta e nove pezas breves escritas por Manuel Lourenzo entre 1973 e 2015, as máis delas inéditas ou publicadas en revistas e folletos, e algunhas representadas. Monólogos, diálogos e algunhas coralidades compoñen o corpus desta colección teatral, destinada a públicos, lectores e lectoras transparentes ou opacos, nítidos ou escuros, con moitísima ou nula atención polo teatro. Así sucede coas dezaseis pezas do primeiro capítulo dirixidas, aínda que non unicamente, a " Solitarios " . Como as do segundo, " A Rolda " , implican a todas as persoas que non se consideran implicadas. Mentres as do terceiro, " Contratempo " , convidan a xogar ás advertidas. Por último, as catro pezas de " Azul " axudan a achegarse a un horizonte que podemos chamar límite... Pezas todas que abalan do estupor ao interese, da afirmación á dúbida, do ruído ao silencio. Un teatro de todas as cores, gobernado pola arpa tendenciosa de Denís e pola xenialidade dun clásico do noso teatro contemporáneo.

ANIMALES DE COMPAÑÍA (LOURENZO GONZÁLEZ, MANUEL)
La vieja doña María subió un día al monte y volvió con una caja en la que había guardado varios bichitos silvestres que le hiciesen más llevadera su soledad. Sucedió entonces que una vecina curiosa y algo chismosa quiso saber qué había dentro. Doña María se lo dijo pero la mujer entendió algo que nada tenía que ver con la realidad. A partir de ahí se armó en todo el pueblo una tremenda confusión que llegó a alarmar a las autoridades. ¿Qué habría de cierto en el contenido de la misteriosa caja de la anciana? ?Animales de compañía? es un relato construido a partir de un juego de palabras que muestra lo mucho que puede variar la percepción de los acontecimientos al ir pasando de boca en boca. Estos versos rimados y llenos de humor animan a los lectores a jugar por sí mismos formando y deformando el lenguaje; una propuesta que nos remite a la obra de clásicos como Lewis Carroll.

CEIBA DE LUZ (LOURENZO GONZÁLEZ, MANUEL)
O achado nunha tenda de antigüidades dunha estatuíña humana, de ouro macizo e fasquía precolombina, desencadea a organización da expedición Ceiba de Luz. Un grupo heteroxéneo formado por dezaoito persoas e comandado pola profesora Sandra Olivares embárcase na aventura de chegar ao mítico Eldorado. Durante máis de dous meses atravesan a selva amazónica no Perú na procura das culturas taimahuara e arapanac, ata alcanzaren a antiga cidade de Haripari. A convivencia provocará liortas, intrigas e traizóns, pero tamén relacións de amizade, amoríos e morte. En " Ceiba de Luz " , Manuel Lourenzo González amosa a súa habelencia narrativa agasallándonos cunha novela de aventuras cargada de intriga onde as psicoloxías e as relacións dos personaxes, plasmadas nuns diálogos vivos, evolucionan no tan vizoso como abafante ambiente da selva amazónica. Como pano de fondo, a natureza virxe converxe coas culturas ancestrais para crearen un poder que se enfronta, desde o misterio, ao egoísmo e a superficialidade da sociedade en que vivimos.

UN CUENTO PARA VER (LOURENZO GONZÁLEZ, MANUEL / GONZÁLEZ GARCÍA, TESA)
Esta es la historia de amor entre dos personajes, cómo se conocieron y todo aquello que comparten a través de los sentidos como el tacto, el gusto, el olor. Dos personajes que pronto serán tres, y ¿qué desean para su bebé? Obviamente todo lo mejor para que pueda disfrutar del mundo que le rodea: que pueda ver la luz del día y las sombras de la noche. Que sea capaz de apreciar el colorido de las flores, la hechura de los montes y los ríos y las distancias que los separan, que fantasee con las formas de las nubes del cielo. Que se asombre del brillo de las estrellas y del ir y venir constate de las olas del mar.

IRMÁN DO VENTO (LOURENZO GONZÁLEZ, MANUEL)

" Son koblai, da tribo de Zalb. Son iraquí e musulmán. Son árabe. Son Khaled ben Sayiam, cidadán do mundo. " " Irmán do vento, a novela de M. Lourenzo González, gañadora do Premio Merlín 2003, é a historia de Khaled, un rapaz dunha apartada aldea do Iraq que, coma outro rapaz calquera, ten unha familia, ten amigos, unha casa, unha vida, ten un amor, ten proxectos. Ata que, de repente, a guerra. Irmán do vento é a crónica da destrución inexorábel de todo canto Khaled é e de canto soña ser. Irmán do vento é tamén a narración emocionante da loita contra ese destino imposto e pola recuperación da dignidade e da esperanza. " Irmán do vento " é, pois, unha novela de aventuras, na que empregando dous narradores, un que introduce a acción e outro que é o protagonista, conta o que lle acontece a Khaled, un rapaz iraquí no medio da recente guerra. A acción transcorre, pois, en dous tempos; no primeiro un dos narradores dá conta de como o protagonista da historia entra na súa vida, e tempo despois se reencontra con el, para darlle a súa voz e relatar as condicións de vida do seu pobo en tempos de guerra. A novela reflicte cómo a infancia, o. sector máis inocente da sociedade, vive un conflicto bélico e sofre as súas consecuencias máis duras, sen ser consciente das causas nin das circunstancias nas que se desenvolve.

MUNDO ARB (LOURENZO, MANUEL)

Existe una comunidad de seres humanos que viven en las ramas de los árboles. Los campos donde cultivan, los montes donde cazan, los ríos por los que navegan estan situados en grandes ramas ramas suspendidas en el aire. Estos seres humanos están convencidos de que no existe ningún otro mundo más que el suyo, pero un día...