Resultados de la búsqueda para: Lois Pereiro





CONVERSA ULTRAMARINA (PEREIRO, LOIS)
Conversa ultramarina é unha longa carta, dividida en dúas partes, dirixida a Piedad R. Cabo, concibida como un dietario, é froito de certa efervescencia creativa entres os meses de marzo e xuño de 1995, cando Lois Pereiro era consciente de que a vida lle dera unha segunda oportunidade, pero támén sabía que vivía na inestabilidade dese renacer.

POEMAS 1981-1991 (PEREIRO, LOIS)
Foi Poemas 1981-1991, na década dos 90 do século pasado, o libro máis agardado da poesía galega. E axiña se converteu nunha das propostas máis sólidas e respectadas polos lectores, e quizais a escrita máis influente na moderna literatura galega. É poemas

MODESTA PROPOSICIÓN E OUTROS ENSAIOS (PEREIRO, LOIS)
A Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia, así como os artigos e entrevistas incluídos nesta edición, son un testamento claro do pensamento e das posturas literarias e vitais de Lois, e rachan os dous principais tópicos sobre el. Un, o que o cualifica unicamente como poeta. O outro, o do seu malditismo. E reafirman o compromiso radical de Lois Pereiro coa literatura e co mundo no que vivía. «Canto peores sexan os tempos que vivamos, máis falsa será a inxenuidade, menos inocente a indiferenza, e máis cómplice non comprometerse», reclamaba na Modesta proposición. Este ano en que se lle dedica o Día das Letras Galegas, Lois Pereiro faría 53 anos e sería un dos poetas de referencia. De feito éo, a pesar de que, ata este ano, unicamente tiña publicados dous poemarios e un terceiro póstumo, esgotados ou difíciles de atopar. Cento e pico poemas chegáronlle para ser a un tempo unha das voces máis innovadoras da lírica galega de finais do século XX e, como aventurou Manuel Rivas xa en 1993, o clásico que ten a literatura galega sen sabelo.

ANTOLOXÍA POÉTICA (SÁNCHEZ PEREIRO, LOIS)
Cunha introdución na que o poeta Daniel Salgado propón unha nova lectura da obra de Lois Pereiro, esta antoloxía inclúe 51 poemas que testemuñan a homoxeneidade dunha obra concibida case a xeito de poema único, case coma as follas dun diario. Unha poesía en tensión que só resiste ao fracaso, á claustrofobia vital, mediante a rebeldía contra un mundo convulso.