Ir al contenido
Resultados de la búsqueda para: Física y Química 3 eso
O libro Física e Química 3.º ESO é un instrumento útil para os alumnos e alumnas, xa que utiliza unha linguaxe sinxela, adecuada para a súa idade, pero non exento do rigor propio da expresión científica. A obra posibilita o traballo interdisciplinario, atende á diversidade e responde fielmente ao currículo das diferentes comunidades autónomas. Os exemplos resoltos que se intercalan entre as explicacións teóricas tratan de aclarar os conceptos expostos mediante unha aplicación práctica destes e, ademais, aproximar o estudado ao contorno cotián do alumno. As actividades propostas son moi variadas, motivadoras e coa gradación de dificultade adecuada; están orientadas a desenvolver a creatividade dos alumnos e a adquisición de habilidades necesarias para resolver cuestións e problemas relacionados coa materia estudada. Nas experiencias de laboratorio que se propoñen, utilízanse materiais sinxelos e alcanzables para os alumnos. En canto á metodoloxía, procúrase que o alumno se sinta motivado en todo momento ao comprobar a utilidade e significación do que vai aprendendo. No libro contrapóñense os feitos e experiencias do contorno cos conceptos abstractos da Ciencia e procúrase que os alumnos e alumnas, através deses feitos e experiencias cotiás, cheguen á elaboración dos seus propios conceptos. Ademais, estimúlanse en todo momento diferentes formas de expresión escrita, através de esquemas ou debuxos, con traballos manuais, prácticas de laboratorio...