Resultados de la búsqueda para: Antonio Fraguas Fraguas





PRIMEIROS ESTUDOS ETNOGRÁFICOS . (1930-1932) (FRAGUAS FRAGUAS, ANTONIO)
Con este libro de homenaxe a Antonio Fraguas con motivo do Día das Letras Galegas 2019, o Consello da Cultura Galega quere poñer o acento na súa etapa inicial. As catro pezas recollidas a modo facsimilar e datadas entre 1930 e 1932, nos tempos da súa pertenza ao Seminario de Estudos Galegos, son de contido etnográfico e están escritas en lingua galega, a lingua natural de don Antonio e a lingua que el teimou en normalizar tamén nos espazos e ámbitos dos que unha historia pouco natural a afastara. Ponlles marco biográfico e científico outra referencia inescusable na etnografía galega, Clodio González Pérez, que tamén compartiu con don Antonio traballos, angueiras, proxectos e realidades no seo da vella Ponencia de Antropoloxía Cultural do Consello da Cultura.

ANTONIO FRAGUAS. A CULTURA COMO FORMA DE VIDA . DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2019 (FRAGUAS FRAGUAS, ANTONIO)
O Día das Letras Galegas de 2019 apela á memoria dun intelectual, investigador e docente vocacional e xeneroso que, malia puntuais incursións nos estudos literarios e mesmo na creación, consagrou a súa vida a disciplinas das ciencias sociais e humanas como a historia, a xeografía, a arqueoloxía e, de maneira destacada, a especialidades situadas no eido da antropoloxía sociocultural, como a etnografía e o folclore. Nos traballos que inclúe este volume, a tradición etnográfica, a oralidade e a literatura popular -campos vizosos da cultura galega- fúndense coa experiencia vital para ofrecer unha visión completa e novidosa de Antonio Fraguas e a súa inxente herdanza.

DO TEMPO E DOS ASTROS (FRAGUAS, ANTONIO)
Nesta obra que publica a Editorial Galaxia, achegámonos a dous traballos singuares de Antón Fraguas: ?O culto aos mortos? e ?Preocupación polo tempo e os astros na crenza popular?. Son obras, ambas as dúas, moi distantes no tempo, pois a primeira foi publicada en 1931 (foi unha conferencia pronunciada no Ateneo de Vigo o 9 de maio de 1931) e a segunda en 1975 (no Tomo V do Boletín Auriense dese mesmo ano) máis que nos mostran o mellor da produción do etnógrafo e mestre que foi o autor de Cotobade.

ANTONIO FRAGUAS. O BO MESTRE, O MESTRE BO (CAJARAVILLE, HÉCTOR)
Antonio Fraguas Fraguas (1905-1999) foi un dos grandes persoeiros da cultura galega do século XX. Dedicouse con paixón ao estudo de Galicia como territorio, como pobo, como país, cunha curiosidade insaciable e cunha capacidade de traballo extraordinaria. Pero Fraguas foi ante todo un mestre que nunca abandonou a vocación de compartir cos demais o moito que sabía. A súa vida, que percorremos nestas páxinas, é un exemplo de como a calidade humana, o esforzo e a teimosía se impoñen ás adversidades; de como a bondade e a xenerosidade sempre son recompensadas. A Antonio Fraguas dedícaselle o Día das Letras Galegas 2019.

NOTAS COMPOSTELÁS (FRAGUAS, ANTONIO)
Notas Compostelás é un libro de Antón Fraguas que publicamos en Tapa Dura en colaboración co Consorcio de Santiago dentro da súa colección Biblioteca Literaria. A obra de Fraguas é en boa medida un corpus espallado por unha manchea de publicacións de todo tipo. Parte do traballo que a Editorial Galaxia encetou durante o ano 2019 no que se lle dedicou o Día das Letras Galegas foi, precisamente, recuperar moitos deses textos espallados e reactualizalos para a lectura neste século XXI onde as temáticas por el tratadas seguen a ser tan interesantes. En Notas Compostelás, recuperamos dous textos: un sobre a vida colexial en Santiago, cun repaso ás principais figuras da cidade e as institucións, así como os apuntamentos de Fraguas sobre a historia da Sociedad Amigos del Arte de Santiago de Compostela.