Resultados de la búsqueda para: Álvaro Cunqueiro





COCIÑA GALEGA (FILGUEIRA IGLESIAS ARACELI / CUNQUEIRO ÁLVARO)
A cociña galega é, sen dúbida, unha das mais ricas e variadas do noso panorama gastronomico. Asi o entende Álvaro Cunqueiro, que evoca a súa "experiencia persoal, de gourmet e, de vez en cando, de cociñeiro", nas palabras que anteceden este libro. Araceli Filgueira, pola súa parte, é unha das mellores coñecedoras da alma culinaria galega. Asesora gastronómica e asidua colaboradora de todo tipo de publicacións, o seu repertorio de recetas destaca pola rigorosa selección dos mellores pratos e a grande sinxeleza da preparación.

AS CRÓNICAS DO SOCHANTRE (CUNQUEIRO, ÁLVARO)
Son as crónicas dos espectros as que chegan ao lector na voz do Sochantre Pontivy. Nos tempos da Revolución Francesa, o sochantre viaxa polos camiños da Bretaña acompañado por unha comitiva de mortos contadores de historias. En palabras de Carballo Calero, "asombra a coherencia xeográfica e histórica" do libro, no que se bota de ver o fondo coñecemento que Cunqueiro posuía do país da Bretaña coma dos costumes franceses da época da Revolución. Historias de misterio e crime, que o autor escribiu cun gran talento creador, acaban por seducir a todo tipo de lectores. As crónicas do Sochantre, publicadas no ano 1956, son hoxe un clásico da literatura galega.