Saturno, Modesto e Irache, tres rapaces de once anos que vivían na cidade espacial da Salvación, están a punto de viaxar á Terra. Non obstante, o que encontran á súa chegada non é o que esperaran: o Norte é inhabitable e o Sur é un lugar desértico e contaminado. Ademais, cando estaban resignados a vivir nun lugar así, un feito inesperado fainos sospeitar que non lles contaron toda a verdade. Poderán descubrir o que está pasando realmente na Terra? Dispoñible Xogo de Lectura (número 35).