Rufus era un morcego. Durante o día, penduraba do teito da súa cova e durmía. Polas noites, saía da cova e ía de caza. Unha noite, viu un cinema ao ar libre onde botaban un filme. Era a primeira vez que Rufus vía cores brillantes
Rufus é un clásico de 1961 ao que precederon outros álbums destacados nos que Tomi Ungerer elixía animais pouco convencionais como protagonistas: a boa Críctor (1958), a canguro Adelaida (1959) e o polbo Emilio (1960) tamén encarnaron intrépidas aventuras. Na historia do morcego que adoraba as cores, o autor critica os prexuízos da sociedade cara a quen é diferente ou se aparta dos canons establecidos.