Remoldiño nunca fora a Monterroso na vida, e quería ver a feira máis famosa de Galicia. Para viaxar sen billete argallou unha artimaña: subíuselle nunha bota a un tratante da montaña. Na feira estaba agardando un vello amigo de seu, o caracol don Rolando que nesa vila naceu.