As lendas dos indios de Sudamérica, coma a dos indios do norte, inspiran un profundo respecto pola natureza. Pero América tamén tiña culturas urbanas, con mitos e deuses. As literaturas maia e azteca ofrecénnos un coñecemento sobre o ser humano tan rico como o dan antigas mitoloxías europeas de hai dous mil anos. Na historia da humanidade non sempre foron os máis civilizados os que prevaleceron, pero quedános a súa literatura para non perder o fío do manacial da sabedoría.