O proxecto Celme para Plástica acerca aos alumnos a observación e a experiencia artística a través de conceptos contextualizados e ilustrados, exemplos e variados desenvolvementos prácticos.Ten un carácter interdisciplinar, e permite reforzar contidos das áreas de Ciencias Sociais e Ciencias da Natureza.Presta especial atención ao traballo en valores a través de seccións como Valorarte. En Celmedixital ofrécense numerosas propostas interactivas que completan o proxecto. O libro do alumno presenta actividades de observación e expresión que fomentan o uso de diferentes materiais. Tamén inclúe propostas tridimensionais e traballos colaborativos e cooperativos. Ademais, ao final do libro inclúense propostas trimestrais de traballo con dioramas recortables.
