O primeiro método de Pito Galego. Unha obra que contribúe a mostrar as posibilidades musicais deste instrumento e facilita a súa aprendizaxe, empregando unha metodoloxía progresiva e baseada no noso repertorio tradicional. O método de pito galego nace para prevalecer no tempo e servir de guía ás xeracións futuras, garantindo a supervivencia do pito e contribuíndo ao asentamento do seu ensino, fixando a traxectoria histórica evolutiva, e da técnica do instrumento. - Orixe e evolución do instrumento. - Estudo dos distintos pitos acompañado de fotografías ilustrativas. - Máis de 200 exercicios progresivos de técnica, articulación, afinación, respiración
- Máis de 50 melodías tradicionais ordenadas por grao de dificultade. - Obradoiro para construír o teu propio pito de cana e moito máis. Este libro compleméntase coa versión web do proxecto, www.pitogalego.gal, un espazo que inclúe máis de 250 gravacións de audio e que pretende seguir vivo en intercambio cos lectores.