Vinte anos despois daquela historia de amor, Marcel atopa unhas acuarelas nunha vella carpeta e acórdase dos fermosos contos que Lu lle contaba, que el vai referindo para o lector: o conto do salgueiro, o das cortinas de seda, o dos ollos do dragón ou o da bolboreta e o testo, entre outros. Historias orientais, debaixo das cales atopamos agudas alusións á envexa, á tenacidade, á solidariedade.