A micoloxía constitúe unha ciencia apaixonante á que cada día se lle suman máis afeccionados que amosan o seu interese por coñecer non só novas especies, senón tamén outros aspectos destes seres vivos nos que a relación cos ecosistemas forestais ten unha fonda razón de ser. Esta obra conxuga estes dous aspectos e constitúe unha nova visión dos fungos, con información novidosa de temas ata agora pouco coñecidos e relacionados coa silvicultura. A historia da micoloxía en Galicia, o manexo dos fungos no laboratorio e no monte e a descrición pormenorizada das especies máis interesantes están presentes nesta obra, escrita cunha linguaxe sinxela para os que se inician, pero tamén coa rigorosidade que precisan os profesionais da silvicultura e a micoloxía. Os autores, Francisco J. Fernández de Ana-Magán, membro do equipo de investigación do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán, e Antonio Rodríguez Fernández, biólogo na Xunta de Galicia, cunha ampla experiencia neste campo, trasladaron ás páxinas do libro, ademais de numerosos traballos e experiencias realizadas no Centro de Investigacións Forestais de Lourizán, algunhas das cuestións que espertaron maior interese nos cursos, conferencias e charlas impartidas por toda a xeografía peninsular, poñendo un especial coidado en empregar unha metodoloxía que facilita a comprensión do fascinante mundo dos fungos.