Trátase dunha novela que se foi publicando dividida en tres volumes e que narra a historia dos Doncos e dos Puga, dúas familias que representan o pasado e o futuro do país. Aquí atópanse as principais correntes do XIX galego: a desfeita do tradicional mundo agrario debida ao fracaso da fidalguía rural e aos efectos da desamortización de bens eclesiásticos; a irrupción dunha nova economía capitalista e dunha concepción burguesa da vida; o nacemento das ideoloxías e os movementos galeguistas
