Esta guía responde ao espírito da maneira de viaxar de Marco Polo, dos ilustrados... na que a viaxe se concibe como unha experiencia vital. Nesta liña, a primeira parte recolle información sobre a xeografía, a historia, a filosofía e a arte deste marabilloso pero aínda descoñecido entorno. Na segunda parte preséntansenos 68 pequenas rutas de unha ou dúas horas de duración, que nos permitirán achegarnos ao máis profundo e íntimo da Ribeira Sacra.