Todas as obras de ficción de Castelao aparecen reunidas neste tomo. A edición, a cargo de Manuel Rosales, inclúe numerosas notas a pé de páxina e unha introducción. Ademais de Un ollo de vidro, Cousas, Retrincos, Os dous de sempre e Os vellos non deben de namorarse, inclúense neste volume prosas recuperadas e un apéndice con textos variados.