Que ninguén busque neste libro unha partida teatral de caza ao estilo do que certo xénero literario ou cinematográfico acostuma argallar arredor de heroínas e galáns de cartón. O ?safari? de Wibberley é un safari sen retorno; un safari no que un home moderno non ve no seu acto concreto de matar un culto á vaidade humana, senón unha obriga moral para co seu compañeiro de infortunio. Tradución do inglés de Xoán Fuentes Castro.