Na miserenta pousada parisina da señora Vauquer conviven personaxes como o estudante Rastignac, o expresidiario Vautrin e o vello Tío Goriot, un home arruinado pola súa paixón paterna cara a unhas fillas pouco agradecidas. Unha novela que se desenvolve nun París menesteroso e popular.