Este libro é unha viaxe pola xeografía, historia, literatura e gastronomía do polbo. Logo dunha breve visita a estas disciplinas, a autora describe 67 receitas para cociñar o cefalópodo. A maioría proceden dunha cociña familiar atlántico-mediterránea. Hai algunha incursión noutras cociñas, como a oriental, e nunha cociña que poderiamos denominar moderna ou actual. En calquera caso, todas as receitas poden ser elaboradas con facilidade por calquera persoa, aínda que non sexa experta en cociña.
