Se este exemplar fose dar a mans de imbéciles e escuros o monstro Horace Tograth, antagonista brutal do primeiro relato dos 16 deste volume, podería rexurdir para facer da escrita unha acción delitiva e da leitura un feito pecaminoso. Tograth había provocar, máis de oitenta anos despois, unha revolta debida nesta ocasión á gracia administrativa que posibilita a presente publicación. Até agora, os leitores que se achegaron a este texto ficaron ben lonxe desa tentación e o balanzo do seu interese é máis ben positivo. A Walter Benjamin serviulle para reflexionar e viu nel unha premonición do que o capitalismo acabou por facer da figura do escritor, e André Bretón, bon coñecedor da obra, chegou a dicir mesmo que os mozos que non coñeceran Apollinaire habían exclamar: ?chegamos demasiado tarde?. Estas e outras moitas constitúen razóns suficientes para pretender Laiovento, con O Poeta Asasinado, que todos aqueles que non saben aínda deste escritor francés poidan recoñecer a exclamación como propia, mais co consolo de diciren que tarde si, mais chegaron. Tradución do francés de Alberte Allegue Leira. Ilustración da capa: X.M. Tomé.