«O meu gato sempre me imita. Cando me agocho baixo o xornal... Cando me agocho tras da porta, el imítame. Cando me agocho baixo o escritorio... Cando me agocho dentro do armario. Imítame sempre. O meu gato imítame cando tendo a roupa. Cando persigo unha mosca, tamén me imita. Cando ulo as flores... Cando observo un becho, o meu gato sempre me imita».