Os dicionarios de frecuencias acadaron un notable nivel de desenvolvemento en case todas as linguas na segunda metade do século XX. O coñecemento da frecuencia do léxico é fundamental para a axeitada planificación do ensino das linguas, para a redacción dos libros escolares adaptados a cada nivel, para aplicacións de tecnoloxías da fala, para a actualización dos dicionarios, para o deseño de xogos, para aplicacións terapéuticas de pacientes con problemas de fala etc.