Unha escolma de artigos e conferencias sobre escritores como Albert Camus, Castelao, Ánxel Fole, Torrente Balelster, Valle-Inclán e Brice Echenique. Tamén reflexións sobre as tertulias en Pontevedra, as cidades de Vigo e Ourense, e sobre o pasado e o futuro do idioma galego. Ensaios literarios que o propio escritor describía así: “Se me piden que fale de algo, que dea unha opinión ou exprese unha idea, dunha maneira espontánea póñome a contar”.