Non eran poucos os peregrinos que continuaban a viaxe dende Compostela polo Camiño de Fisterra para chegar ás máxicas terras da Costa da Morte, á fin do mundo, ao Finis Terrae onde os romanos adoraron o sol. Aquí acababa o mundo no medievo e quizais tamén o faga hoxe en día. Tanto a ruta do litoral como a do interior realizábanse ben dende Santiago ben cara a esa cidade, pois eran moitos os peregrinos que arribaban aos miúdos portos da Costa da Morte.
