Paco López-Barxas engade á súa ampla experiencia profesional como xornalista a condición de fillólogo, crítico literario e mesmo escritor. (...) Son as súas entrevistas pezas substantivas, onde non se estraga tinta en cuestións tópicas ou domésticas. O repertorio de temas tratados é, neste sentido, moi suxestivo: o poder, a política e a literatura, o compromiso do escritor, a represión e o exilio, a realidade e a fantasía, o surrealismo e o neorrealismo, a oralidade e a escritura, a crítica e a creación literaria ou artística. (...) A meirande parte destas entrevistas realizáronse a comezos dos anos oitenta, e as restantes dez anos despois. Os anos lonxe de esmorecer o interese do falado, proporcionan a estes diálogos o valor das palabras esenciais no tempo, que no caso dos autores xa desaparecidos perpetúan a lembranza de quen un día xa afastado as pronunciou. Darío Villanueva Titulo: NO XARDÍN DAS