A historia que Pamuk conta en Neve céntrase na viaxe dun poeta exiliado á meláncolica cidade de Kars, que acaba de sufrir unha vaga de suicidios de mozas por se lles prohibir o uso do veo. O obxectivo do poeta e protagonista da novela é escribir sobre esta cadea de feitos tráxicos. Pamuk aproveita a atmosfera da cidade, envolveita nunha nevarada constante, para elaborar unha metáfora da melancolía. A novela introduce a lectores e lectoras nun universo ficional no que a farsa, a crueldade e a violencia se personifican na cidade de Kars e na atracción que o poeta protagonista sente por unha muller, a fermosa Ipek, e pola figura dun terrorista carismático.