Hai un lugar no mundo onde se garda a memoria de Nelson Mandela. É un museo que leva o seu nome na aldea de Qunu, onde pasou a súa infancia. Alí traballa como guía Sipho, o vello compañeiro do líder, que adoita narrar aos visitantes do museo secuencias da vida de Mandela. Ata alí chega un día o mozo Walter na procura das súas raíces e con moitas preguntas por facer: por que os brancos de África do Sur desprezaban os negros ata encerralos en guetos? Por que un acomodado negro se rebelou contra a tiranía dos brancos poñendo en perigo a súa propia vida? Canto custa facer o camiño cara á liberdade?