Negros espellos reune os mellores relatos de intriga e suspense de Ramón Caride. “Caride Ogando sabe enganchar ao lector coas súas historias de suspense, nas que os vellos temas de rancores, ciúmes, fastíos, asasinatos e suicidios se envolven coa vestimenta sutil do destino”. (Vicente Araguas). “Os contos de Caride veñen ateigados de intensidade, de brevidade na escrita, mais non na forza emocional e na tensión estética da narración. Esta lograda adecuación entre tema e forma é o selo distintivo dos grandes contistas da literatura galega”. (F. Martínez Bouzas). “Reivindicamos Sarou como un dos mellores exemplos de relato negro que poidamos atopar na nosa literatura, exemplo prototípico do proceso de degradación humana” (Xosé M. Eiré). “Ramón Caride regresou á narrativa áspera, esteparia, que marcara os seus comezos. Volveu sobre as historias que agacha a vida cotiá. Son historias con paisaxe inmediata, chámese Sarou ou Louzós” (Camilo Franco).