“Narradio. 56 Historias no ar” é a antoloxía sonora máis extensa da narrativa galega, un amplísimo libro de relatos e todo un documento sobre a diversidade da literatura galega e a súa variedade de rexistros. Este libro con catro CDs é posible gracias ao continuado diálogo do programa “Diario Cultural” da Radio Galega coas creadoras e creadores literarios do país e os seus lectores e busca estreitar lazos entre a sociedade e os seus autores e autoras, entre a palabra oral e a escrita, e entre a radio e a literatura.Participan no volume cos seus textos e as súas voces os seguintes narradores e narradoras. Xavier Alcalá, Marilar Aleixandre, Fran Alonso, Alfonso Álvarez Cáccamo, Rosa Aneiros Díaz, Anxo Angueira, Vicente Araguas, Xurxo Borrazás, Darío Xohán Cabana, Marica Campo, Xosé Carlos Caneiro, Ramón Caride Ogando, Fina Casalderrey, Carlos Casares, Laura Caveiro, Alfredo Conde, Lois Diéguez, Francisco X. Fernández Naval, Agustín Fernández Paz, Manuel Forcadela, Camilo Franco, Isabel Freire, Víctor F. Freixanes, Salvador García-Bodaño, Bieito Iglesias, Xavier Lama, Xulio López Valcárcel, Antón Lopo, Paco Martín, Carlos Mella, Xosé Miranda, Estro Montaña, Gonzalo Navaza, Xosé Neira Vilas, Isidro Novo, David Otero, Carmen Panero, Xosé Ramón Pena, Xosé Antonio Perozo, María Xosé Porteiro, Xabier P. Docampo, Xavier Queipo, María Xosé Queizán, Xesús Rábade Paredes, Luís Rei Núñez, Antonio Reigosa, Antón Riveiro Coello, Gloria Sánchez García, Manuel Seixas, Xurxo Souto, Anxo Tarrío, Suso de Toro, Xesús Manuel Valcárcel, Xosé Vázquez Pintor, Luísa Villalta e Helena Villar. “Narradio. 56 Historias no ar” nace dun proxecto do programa “Diario Cultural” da Radio Galega, que Xerais asume como propio, e quere ser tamén expresión do compromiso da radio coa literatura, unha ponte que se afianza para ser vehículo de expresión da creatividade e da cultura galega nunha publicación realmente singular.