Este libro pretende ser especialmente útil para os profesores de Música desta Comunidade Autónoma, que van impartir os contidos correspondentes ao primeiro ciclo en soamente un ano. Para facilitarlles a tarefa ofrecemos un material completo que desenvolve todos os contidos necesarios para completar a formación musical desta etapa e que se acompaña de ferramentas didácticas para o profesor: un CD de audio e un CD de recursos. Este material elaborouse de maneira que a materia de Música resulte ao mesmo tempo enriquecedora e divertida. Con este libro os alumnos aprenderán a percibir a música de forma sensible e consciente, a utilizar a linguaxe musical, a distinguir os instrumentos e a entender a música como un fenómeno cultural vinculado á época e á rexión na que se produce. Neste sentido, ao tratarse dun material específico para esta comunidade, o libro contén multitude de contidos sobre a música, os instrumentos e as tradicións propias desta rexión, que axudarán a entender a cultura autóctona dunha forma plena.