" Despois de Homero veu Hesíodo, e as historias -agora chamadas mitos que eles e outros poetas contaban incorporáronse á educación escolar, e non só en Grecia, senón tamén naqueles países ata os que chegou a lingua grega desde Asia Occidental ó Norte de África e España " . Así explica Robert Graves o que é para nós a mitoloxía grega, que el narra neste libro describindo un sucinto panorama de personaxes e acontecementos dun xeito desmitificador e con estilo despreocupado.