O mundo divídese en dous tipos de persoas: os xenios e os demais. Iso é o que di a miña nai. Entre os xenios, está o meu irmán. Entre os demais, estou eu. Claro que a miña nai non o di así, pero eu ben sei que o pensa. Tamén o penso eu, a verdade. Chámome Lola, teño dez anos e gústame o fútbol.