No comezo mesmo da Idade Media, Galicia está en condicións de dotarse dunha organización particular, entrando na Historia como Reino. Son varios os protagonistas individuais que o fan posible: reis como Teodomiro e Miro, por exemplo; pero sobre todo un home chegado do Oriente bizantino: Martiño de Dumio.