O libro estructúrase en seis apartados: I. Fonética e ortografía; II. Determinantes e outras categorías gramaticais; III. O pronome persoal; IV. O verbo; V. Actividades de corrección; VI.Tests gramaticais e léxicos Os catro primeiros conforman o corpo central da obra e divídense en varias unidades que se abren cunha concisa pero exhaustiva explicación teórica dos contidos tratados en cada unha delas. " Fonética e ortografía " consta de 12 unidades onde se estudian, entre outros aspectos, o vocalismo tónico e átono (diferencia entre vocais tónicas abertas e fechadas, fenómenos antietimolóxicos), a transcrición fonética e fonolóxica (arquifonemas vocálicos e consonánticos), a ortografía e a acentuación. " Determinantes e outras categorías gramaticais " tamén está dividida en 12 unidades nas que se tratan as contraccións con determinantes, o artigo, o xénero e o número, os identificadores e cuantificadores, a interxección e a preposición, ou contidos máis específicos, como as características propias da afirmación e a negación en galego ou o uso da preposición a con complemento directo. O apartado de " O pronome persoal " (8 unidades) ocúpase do uso do dativo e o acusativo, das construccións reflexivas, da colocación do pronome e da contracción da preposición co pronome. " O verbo " é un apartado dividido en 12 unidades, onde se analizan as excepcións á concordancia entre verbo e suxeito, o futuro de subxuntivo, o infinitivo conxugado, o xerundio, o participio, a conxugación verbal, algunhas construccións verbais incorrectas, as perífrases verbais, etc.